Defínense con detalle os cuestionarios do estudo, os exames físicos a realizar e o procedemento e instrumental para facelo asegurando a validez e reproducibilidade dos mesmos. Entre as variables para medir atópanse moitas similares ás doutras grandes cohortes europeas, o que permitirá facer análises combinados de datos. Pero tamén se inclúen variables novas que garanten que este proxecto estará na vangarda da ciencia nos próximos anos. Neste paquete participaron de forma altruísta máis de 70 investigadores e investigadoras de todas as áreas temáticas de CIBER.
Fernando Rodríguez Artalejo
Universidad Autónoma de Madrid – CIBERESP
Manolis Kogevinas
ISGlobal – CIBERESP