Deseño do estudo

Participantes

O proxecto 'Cohorte IMPaCT' é un estudo de cohorte prospectivo, multipropósito e multicéntrico de base poboacional.

As características principais da Cohorte IMPaCT son as seguintes:

  • Gran tamaño, aproximadamente 200.000 persoas e unha estratexia de recrutamento que permita unha aproximación proporcional á variabilidade xeográfica e a diversidade españolas, con primacía dos criterios de factibilidade, loxística e retención a longo prazo.

  • Seguimento prospectivo de cada participante a través dunha combinación de métodos pasivos e activos, incluíndo unha vinculación electrónica de rexistros, que posibilite os contactos repetidos e directos con cada participante.

  • Uso intensivo de tecnoloxías da información e comunicación (TICs),, segundo as capacidades de cada participante, para contacto persoal, comunicación, recollida de datos (por exemplo, rexistro de actividade física e sono) e seguimento (por exemplo, teléfonos intelixentes, tabletas e Internet).

  • Inclusión dun exame físico normalizado detallado e da recollida dunha extensa colección de mostras biolóxicas, almacenadas adecuadamente nun biobanco segundo o estado da técnica actual.

  • Contactos periódicos frecuentes, polo menos cada 2 anos, con cada participante, segundo un calendario establecido, que incluirá contactos por medios electrónicos. Neste calendario inclúense periodicamente exames físicos e toma de mostras biolóxicas actualizadas (cada 5 anos). Todas as visitas periódicas durante o seguimento permitirán actualizar a información sobre exposicións de interese e tamén identificar a aparición de novas condicións de saúde e enfermidades.