PARTICIPA!: SE TE CHAMAN, VEN!
A Cohorte IMPaCT é unha cohorte de base poboacional con 200.000 persoas participantes, que vai permitir explorar durante 20 anos os determinantes psicolóxicos, sociais, medioambientais e biolóxicos das condicións de saúde e as enfermidades de maior importancia no noso país.
Se te seleccionan para participar no estudo, recibirás unha chamada desde o teu centro de saúde. No proxecto traballan excelentes profesionais sanitarios que che explicaran en que consiste formar parte da cohorte. Non dubides en unirte a este gran proxecto!
No momento de contactar con cada persoa por teléfono, o noso persoal técnico daralle as indicacións detalladas e recomendacións para as visitas no Centro IMPaCT. Aquí tes un resumo:
Pedirémosche que nos indiques o teu número da seguridade social, así como outros datos da túa tarxeta sanitaria. Polo que será importante que a traias ao Centro IMPaCT.
Na primeira visita pedirémosche varios teléfonos de contacto (móbil, domicilio, traballo), así como o número dalgún familiar ou coñecido para contactar no futuro en caso de necesidade.
O día da visita da configuración do MAPA, debes acudir ao Centro IMPaCT con roupa de mangas anchas, ou ben en manga curta, para permitir a colocación do brazalete no antebrazo.
Igualmente, recomendámosche que acudas ás visitas con calzado e roupa cómoda debido a que necesitaremos que a quites para realizar algunhas probas.
Necesitaremos extraerche mostras de sangue para efectuar diversas análises. O persoal IMPaCT avisarache do día no que se vai realizar para que acudas ao centro de saúde en xaxún.